Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comisan 500 quilos de material para fabricar explosivos nunha casa de Barcelona

Comisan 500 quilos de material para fabricar explosivos nunha casa de Barcelona

A Garda Civil detivo un home de 41 anos acusado de fabricar explosivos ilegalmente de xeito artesanal

G24.gal 26/03/2023 20:09 Última actualización 26/03/2023 21:13

A Garda Civil desartellou na provincia de Barcelona un taller clandestino con case 500 quilos de material para fabricar explosivos. As substancias ocultábanse nunha casa da localidade de Montmajor, nunha zona afastada de núcleos habitados.

Os axentes detiveron un home de 41 anos que residía na vivenda. Está acusado de fabricar explosivos de xeito ilegal mesturando precursores químicos que compraba por Internet. É un dos comisos máis importantes deste tipo de substancias que se fixeron ata o momento en España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade