Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil detén varias persoas en relación co triplo crime de Chiloeches

A Garda Civil detén varias persoas en relación co triplo crime de Chiloeches

As forzas de seguridade tentan esclarecer as circunstancias da morte violenta dun home, dunha muller e da filla de ambos os dous

Minuto de silencio polas vítimas na casa consistorial de Chiloeches. EFE/Pepe Zamora Minuto de silencio polas vítimas na casa consistorial de Chiloeches. EFE/Pepe Zamora
G24.gal 14/04/2024 18:54 Última actualización 14/04/2024 19:19

A Garda Civil detivo varias persoas relacionadas coa morte violenta de tres persoas, membros dunha mesma familia, en Chiloeches (Guadalaxara).

Os bombeiros toparon os cadáveres tras sufocar un incendio na súa casa, situada na urbanización Medina Azahara. Os corpos, que estaban no salón, presentaban feridas de arma branca.

Os falecidos son unha muller e un home, de 52 anos, e a filla da parella de 22. Fontes da Delegación do Goberno en Castela-A Mancha informaron do arresto, pero non facilitaron detalles sobre as súas identidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade