Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil detén un home xeorxiano prófugo da xustiza polaca no porto de Vigo

A Garda Civil detén un home xeorxiano prófugo da xustiza polaca no porto de Vigo

Supostamente está acusado dun delito de homicidio en Polonia

Pasará a disposición xudicial na Audiencia Nacional de Madrid

G24.gal 08/06/2024 20:59 Última actualización 08/06/2024 21:18

O porto de Vigo foi o escenario da detención dun home xeorxiano que estaba a ser buscado no seu país, presuntamente por un homicidio cometido en Polonia.

Aínda que transcenderon moi poucos datos ao respecto desta detención internacional, o que si sabemos con seguridade é que sobre o arrestado pola Garda Civil pesaba unha orde de detención e entrega europea.

O suposto criminal formaba parte da tripulación dun buque que transportaba colectores. Foi no traxecto Xixón-Vigo cando as autoridades puideron comprobar que o prófugo era traballador do MSC JOY, o buque de grímpola panameña.

O presunto homicida, o fuxitivo, será posto a disposición da Audiencia Nacional, competente nos delitos cometidos no estranxeiro. O barco con contedores no que chegou a Vigo navega xa rumbo Sines, o seu destino final no sur de Portugal.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade