Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil detén un home en Lalín por roubos en vivendas da zona

A Garda Civil detén un home en Lalín por roubos en vivendas da zona

Os investigadores levaban tempo tras a súa pista

No interior da súa vivenda incautaron material que podería estar relacionado cos roubos

G24.gal 31/05/2024 13:55

O xoves pola mañá unha operación da Garda Civil sorprendía os veciños e comerciantes da rúa Principal, en pleno centro de Lalín.

Nancy Ferradas, testemuña do operativo, di que ás portas da vivenda había unha patrulla da Garda Civil, dous vehículos camuflados e outro dos membros do xulgado. Apunta que estiveron dende as nove da mañá ata preto da unha no interior da vivenda.

Os axentes entraron neste edificio contra as nove da mañá acompañados pola secretaria xudicial. Pouco despois saían cun home esposado. Os investigadores estiveron máis de tres horas no interior da vivenda.

Segundo comentan varias testemuñas, ás doce e media saíron do edificio con caixas que contiñan o material incautado. Levaban tempo investigando esta persoa pola súa presunta vinculación con varios roubos en vivendas de Lalín.

Nancy di que os axentes foron ao seu negocio uns días antes ensinándolle unha foto e preguntándolle se ese home vivía no portal do lado. Ela díxolles que lle soaba a cara pero que non podía asegurara que estivese residindo nese edificio. Di que ían vestidos de paisano pero que se identificaron como axentes da Garda Civil.

O home pasou a noite nos calabozos do cuartel da Garda Civil de Lalín á espera de pasar a disposición xudicial. A investigación continúa aberta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade