A Garda Civil detén un veciño da Pobra acusado de tráfico de drogas
A Garda Civil detén un veciño da Pobra acusado de tráfico de drogas
Incautáronlle 20 gramos de cocaína e 2,5 de heroína
Quedou en liberdade con cargos á espera de xuizo
Dende hai un tempo a Garda Civil de Boiro realizaba labores de vixilancia preventiva nas inmediacións desta casa da aldea da Pontenaveira, na Pobra do Caramiñal, que funciona como punto de venda de drogas dende hai anos. Esa vixilancia deu froitos este martes; contra as dúas da tarde dous axentes de paisano viron como un home saía dun vehículo e gardaba dúas bolsiñas no peto.
Tras identificarse como axentes da Garda Civil comezaron a rexistralo. No cacheo atoparon 20 gramos de cocaína e 2,5 de heroína. Inmediatamente foi detido acusado dun presunto delito de tráfico de drogas e trasladado aos calabozos do cuartel de Boiro.
Xa pola tarde quedou en liberdade con cargos á espera de xuízo.