Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil disolve unha carreira ilegal en Salceda de Caselas

A Garda Civil disolve unha carreira ilegal en Salceda de Caselas

Tentaron fuxir, pero os axentes conseguiron identificar e denunciar varios participantes 

A quedada era convocada polas redes sociais

G24.gal 08/02/2022 23:15

A Garda Civil disolveu unha multitudinaria carreira ilegal en Salceda de Caselas. Tentaron fuxir, pero os axentes conseguiron identificar e denunciar varios dos participantes que foran convocados a través das redes socias. Non é a primeria vez que no mesmo lugar se organizan estas perigosas quedadas.

Na madrugada do venres en sorprenderon varios condutores realizando carreiras ilegais ás que tamén asistía como público un gran número de persoas. Xa á luz do día, as pegadas demostran as perigosas manobras que realizan. Derrapaxes, pinchacarneiros e conducións extremas superando os límites de velocidade permitidos na vía.

Os condutores, convocados a través das redes sociais, tentaron fuxir, pero os axentes conseguiron identificar un importante número deles. Tramitaron denuncias por condución temeraria que supoñen a retirada de seis puntos do permiso e sancións económicas de 500 euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade