A Garda Civil e a Policía Nacional desmantelan unha plantación de marihuana en Cambre
A Garda Civil e a Policía Nacional desmantelan unha plantación de marihuana en Cambre
Procederon á detención de dous homes por un delito de tráfico de estupefacientes e fraude de fluído eléctrico
Podían facer catro colleitas de marihuana ao ano, reportando uns beneficios de máis de 140.000 euros
Unha operación conxunta entre Garda Civil e a Policía Nacional permite desmantelar unha plantación de marihuana nunha nave industrial de Cambre.
Realizaron unha investigación conxunta que rematou coa detención de dúas persoas e o desmantelamento dunha plantación de marihuana de máis de 300 plantas, no interior dunha nave industrial no polígono Espírito Santo de Cambre (A Coruña).
A investigación, denominada operación Campá, iniciouse a principios do mes de abril, ao detectar un tránsito pouco frecuente de persoas nunha nave sen actividade comercial, e que ademais, segundo a empresa comercializadora da enerxía eléctrica, presentaba un importante consumo eléctrico fraudulento.
A infraestrutura que estableceran no interior da nave, permitía realizar 4 colleitas de marihuana ao ano, reportando uns beneficios de máis de 140.000 euros, ao que habería que sumarlle unha defraudación de fluído eléctrico de máis de 60.000 euros anuais.
No momento da entrada e rexistro interviñéronse 305 plantas listas para a súa recolección e numerosos efectos destinados ao cultivo.