Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil comisou 19 quilos de percebes en Caión

A Garda Civil comisou 19 quilos de percebes en Caión

O home intentou fuxir polos carreiros da costa e aos 500 metros foi detido

G24.gal 04/08/2023 08:21

Os sucederon cando os axentes estaban facendo servizo de prevención do furtivismo e vixilancia da costa, observaron un vehículo estacionado nas inmediacións da zona de Punta Arnela-Carballo.

Inspeccionaron a zona ao obxecto de localizar ao condutor e pescudar o motivo do estacionamento nese lugar.

No transcurso de inspección, localizaron a unha persoa nas proximidades do vehículo, quen ao observar a súa presenza iniciou a fuxida polos carreiros próximos á costa, portando nas súas costas un saco que aparentemente contiña percebes no seu interior.

A Garda Civil iniciou o seguimento do home, dicíndolle que se detivese, facendo este caso omiso das indicacións impartidas, logrando interceptalo a uns 500 metros.

Unha vez interceptado, corroboraron que a mercadoría que portaba no saco era percebe, 19 quilos.

Esta persoa carecía da correspondente autorización administrativa para a actividade extractiva desta especie, sendo coñecido das forzas de seguridade por infraccións de furtivismo.

A Garda Civil procedeu á denuncialo por suposta infracción á Lei 11/2008 de Pesca de Galicia e á incautación do percebe que portaba, dúas rasquetas e un cesto, utilizados para a extracción do mesmo.

Os percebes comisados foron entregados no Centro de Menores A Milagrosa de Carballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade