Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atopan 120 quilos de cocaína no casco dun cargueiro ruso no porto de Marín

Atopan 120 quilos de cocaína no casco dun cargueiro ruso no porto de Marín

A Garda Civil tiña sospeitas de que o buque Crown Garnet, de bandeira panameña, podía transportar droga, polo que o retivo no peirao

Imaxes do operativo da Garda Civil no Crown Garnet, no porto de Marín Imaxes do operativo da Garda Civil no Crown Garnet, no porto de Marín
G24.gal 21/02/2025 14:05 Última actualización 21/02/2025 15:53

A Garda Civil incautouse de 120 quilos de cocaína nun cargueiro ruso que facía a ruta O Brasil-Dover. Foi a Subdelegación do Goberno quen informou da operación.

En concreto, trátase do Crown Garnet, un buque de 152 metros de eslora, que fai a ruta entre Brasil e Dover, no Reino Unido, con escala en Róterdan, Países Baixos. A Garda Civil tiña sospeitas de que o barco, de bandeira panameña, podía transportar droga no casco, e retivo o buque no porto de Marín desde a súa chegada o pasado xoves.

Ao longo da mañá do venres os axentes realizaron a inspección do buque e localizaron os 120 quilos de droga. No operativo participou a Garda Civil con mergulladores, lanchas, unidade canina e drons subacuáticos ademais do servizo de Aduanas.

 

Cargamento de cocaína incautado. Garda Civil Cargamento de cocaína incautado. Garda Civil

O subdelegado do Goberno na provincia, Abel Losada, felicitou as forzas de seguridade polo seu traballo na loita contra o crime organizado. Polo momento descoñécense máis detalles sobre esta investigación, que continúa aberta.

Ademais, Losada quixo mandar unha "mensaxe clara" aos narcotraficantes, asegurando que "por moito que se esforcen" a presión policial continuará.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade