A Garda Civil investiga o achado dun feto nun contedor en Toledo
A Garda Civil investiga o achado dun feto nun contedor en Toledo
A nai fora atendida en urxencias do Hospital Universitario de Toledo con síntomas de sufrir un aborto o pasado 18 de xaneiro
A Garda Civil de Illescas (Toledo) está a investigar o achado dun feto nun contedor, cuxa nai foi identificada, xa que acudira ao hospital con síntomas de sufrir un aborto.
Segundo informa este mércores a Garda Civil, o pasado 18 de xaneiro tiveron coñecemento, a través dunha chamada ao servizo de emerxencias 112, de que unha muller fora atendida en urxencias do Hospital Universitario de Toledo con síntomas de sufrir un aborto.
Nese momento o equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Illescas comezou a investigación e atopou un feto nun contedor próximo ao domicilio da nai. A muller atópase identificada, á espera os resultados da autopsia para determinar a causa da morte do feto.