Denuncian o acoso reiterado a un menor do Grove por parte de compañeiros de instituto
Denuncian o acoso reiterado a un menor do Grove por parte de compañeiros de instituto
A Garda Civil está a investigar o caso tras a denuncia da familia das continuas agresións físicas e verbais ao rapaz
Este centro do Grove activou o protocolo previsto para estes casos a principio do curso
Os pais dun menor do Grove presentaron denuncia ante a Garda Civil polo suposto acoso reiterado sufrido no ámbito escolar polo seu fillo, alumno do Instituto de Educación Secundaria Monte da Vila, por parte doutros alumnos do centro.
A familia do menor denunciou o caso tras constatar o medo insuperable do rapaz ante as agresións continuadas tanto no plano físico como verbal.
A Consellería de Educación confirmou que está ao tanto do caso e informou de que o instituto activou as actuacións previstas, o protocolo de prevención, detección e actuación ante o acoso escolar e o ciberacoso. Neste sentido, ademais das dilixencias abertas pola Garda Civil, o propio instituto activara xa a principio de curso este protocolo, para tentar buscar unha solución que, polo de agora, non se conseguiu alcanzar.
O 17 % dos estudantes son vítimas de acoso escolar, pero só unha pequena porcentaxe presenta denuncia. Deterioración da saúde mental, fracaso escolar e unha redución da idade das vítimas son algunhas características deste grave problema actual.