Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil investiga se a asasina confesa de Cortegada contou cun cómplice para agochar o corpo

A Garda Civil investiga se a asasina confesa de Cortegada contou cun cómplice para agochar o corpo

Os investigadores pensan que é moi difícil que a asasina confesa puidese mover sen axuda o corpo sen vida do home

G24.gal 11/02/2022 09:35

A Garda Civil investiga se a muller de Cortegada que matou un home de Barcelona que coñecera por internet tivo un cómplice. Os investigadores pensan que é moi difícil que a asasina confesa puidese mover sen axuda o corpo sen vida do home dende a súa vivenda do Rabiño ata o xardín, onde presuntamente fixo unha fogueira para calcinalo.

Unha veciña recriminoulle que estivese prendendo lume en pleno verán e entón optou por esnaquizar o cadáver cunha pa, como ela mesma confesou, e espallar os restos pola súa finca e por un monte próximo.

A muller, de 26 anos, confesou o crime ao seu médico catro meses despois de cometelo e á xuíza durante  os rexistros en decembro. Arestora está no cárcere do Pereiro de Aguiar mentres continúan as pescudas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade