Investigan a morte violenta dun matrimonio de anciáns en Sigüeiro
Investigan a morte violenta dun matrimonio de anciáns en Sigüeiro
Os falecidos son un home de 88 anos e unha muller de 80, que apareceron mortos nun domicilio da rúa Castiñeiros
Descártase que haxa terceiras persoas implicadas e non se desbota que se trate dun crime machista
Algúns veciños aseguran que viron o home vagando pola vila ensanguentado a primeira hora da mañá
A Garda Civil investiga a aparición nunha vivenda de Sigüeiro, no concello coruñés de Oroso, dos cadáveres dun matrimonio.
Son un home de 88 anos e unha muller de 80. Un familiar atopounos este venres pola mañá cando se achegou á vivenda, situada na rúa do Castiñeiro. Polo de agora investígase o ocorrido como un crime, xa que os dous corpos presentaban sinais de violencia.
A principal hipótese coa que traballan os axentes é que un dos cónxuxes puidese matar o outro e logo quitouse a vida, xa que non hai ningún indicio de que nos feitos participasen terceiras persoas.
Algúns veciños aseguran que viron o home vagando pola vila ensanguentado a primeira hora da mañá
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tivo coñecemento dos feitos sobre as 11.15 horas da mañá eenviou unha ambulancia de soporte vital básico cun equipo de Atención Primaria ao lugar, pero os profesionais sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento das dúas persoas.
Ata o lugar desprazouse o Servizo de Criminalística da Garda Civil e a xuíza instrutora do caso.