Publicador de contidos
Publicador de contidos

Interceptan un taxista de Santa Comba que cuadriplicaba amplamente a taxa de alcoholemia

Interceptan un taxista de Santa Comba que cuadriplicaba amplamente a taxa de alcoholemia

Foi unha alerta cidadá a que advertiu os axentes de que este condutor profesional consumía alcol habitualmente e que trasladaba pasaxeiros estando en estado ebrio 

G24.gal 20/09/2024 09:41 Última actualización 20/09/2024 10:11

O Subsector de Tráfico da Garda Civil da Coruña investiga o condutor dun taxi, de 61 anos, de Santa Comba, que foi interceptado superando en catro veces a taxa máxima de alcoholemia permitida. Atribúeselle un suposto delito contra a seguridade viaria.

Foi un aviso cidadán o que puxo en alerta os axentes. O sopro advertía de que ese taxista consumía alcol habitualmente e realizaba servizos de traslado de pasaxeiros en estado ebrio.

O Destacamento de Tráfico de Corcubión estableceu un dispositivo para dar co suposto infractor e decontado foi localizado. O taxista foi interceptado conducindo cunha taxa de 0,67 miligramos de alcol en aire expirado, cando a máxima permitida para condutores profesionais é de 0,15 mg/litro.

O condutor está investigado por un suposto delito contra a seguridade viaria. En caso de que sexa condenado a pena iría dos tres aos seis meses de prisión ou unha multa de doce a vinte e catro meses e traballos en beneficio da comunidade.

A Garda Civil destaca e colaboración cidadá, que neste caso permitiu dar cun condutor que "constituía un serio perigo para o resto de usuarios das vías públicas e sobre todo para os propios clientes do servizo taxi".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade