Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil notifícalle a Baltar a apertura de dilixencias por un delito contra a seguridade viaria

A Garda Civil notifícalle a Baltar a apertura de dilixencias por un delito contra a seguridade viaria

O presidente da Deputación de Ourense e do PP provincial foi sorprendido a pasada fin de semana en Zamora circulando a 215 quilómetros por hora na A-52

O político ourensán foi sancionado cunha multa de 600 euros e seis puntos do carné 

G24.gal 26/04/2023 19:00

Axentes do Grupo de Investigación e Análise do Grupo de Tráfico da Garda Civil notificáronlle ao presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, a apertura de dilixencias por posible delito contra a seguridade viaria.  

A notificación produciuse no municipio de Leiro, onde o tamén presidente dos populares ourensáns se atopaba de visita institucional.  

Así mesmo, preguntas polo feito de que o dirixente popular conducira un vehículo oficial cando foi interceptado o domingo, estas fontes detallan que a axenda do presidente non incluía ningún acto.

Neste sentido, precisan que se trataban de encontros de xestión ordinaria, habituais no día a día do presidente.

Na mañá do luns Manuel Baltar estivo nunha reunión da Fundación Democracia e Goberno Local, da que a Deputación é patrón, para abordar temas de xestión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade