A gratuidade das escolas infantís suporá un aforro de ata 2.000 euros por neno
A gratuidade das escolas infantís suporá un aforro de ata 2.000 euros por neno
Este curso matriculáronse un 5 % máis nenos e nenas ca no anterior
O 5 de setembro arranca o comezo do curso para as escolas de infantil. A principal novidade é que serán totalmente gratuítas para as familias. Con esta medida, a Xunta de Galicia agarda axudar a economía familiar.
Son os centros privados, os de titularidade municipal e os de iniciativa social os que se adhiren a este sistema, e a Xunta asume o custo de 50 millóns de euros que antes pagaban as familias en matriculación á atención educativa. Os pais si seguirán asumindo o custo de prestacións, como o comedor e servizos complementarios.
En toda a rede de centros, públicos e privados, as garderías admiten que a demanda de prazas disparouse e notou un incremento do 5 por cento.
A Consellería de Política Social estima que o aforro anual para as familias pode oscilar entre os 1.500 e 2.000 euros. A medida vai beneficiar 31.000 familias.