Publicador de contidos
Publicador de contidos

A historia de Hugo: loitar contra unha enfermidade rara e descubrir unha paixón

A historia de Hugo: loitar contra unha enfermidade rara e descubrir unha paixón

Abriu unha exposición en Ourense cos cadros que pintou durante o confinamento como terapia 

G24.gal 11/04/2022 21:46

Dar a coñecer unha rara doenza, a enfermidade de Dent, dende unha perspectiva creativa é o obxectivo da exposición duns cadros inspirados nos de Francis Bacon feitos por un pequeno artista que padece esta grave enfermidade que afecta os riles.

A Hugo diagnosticáronlle a enfermidade de Dent en decembro de 2019. Pintar estes lenzos foi unha terapia para Hugo e a súa familia durante o confinamento.

Este pequeno gran artista, os seus pais e outras tres familias galegas mais outra asturiana con fillos coa doenza crearon o proxecto Art for Dent para obter fondos para a investigación.

Con esta exposición itinerante, queren dar a coñecer este proxecto. Estará no espazo de arte de Roberto Verino en Ourense ata o 7 de maio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade