Publicador de contidos
Publicador de contidos

A igrexa de Orto, en Abegondo, danada por un raio hai dous anos, reabrirá en abril

A igrexa de Orto, en Abegondo, danada por un raio hai dous anos, reabrirá en abril

A burocracia de Patrimonio foi o causante principal da demora no reacondicionamento do tempo de San Martiño

Imaxe deste mércores da igrexa de San Martiño de Orto, en Abegondo, cos andamios preparados para reconstruír o campanario
G24.gal 14/02/2024 14:11

O campanario da igrexa de Orto, en Abegondo, está estes días envolto nos andamios e 16 pedras que forman parte del desmontadas para reconstruír a desfeita ocasionada por un raio hai case dous anos. Así foi como quedou aquel día de xullo do 22 coa descarga eléctrica dunha treboada que tamén danou o interior deste templo de San Martiño. A burocracia foi o que máis demorou o inicio da obra.

Finucha Riobóo Santos, encargada da igrexa: "Non se puido arranxar antes porque primeiro houbo que xuntar os cartos, e logo permisos que non foi doado, sobre todo en Patrimonio, que é óso duro. Foi lamentable por que neste tempo houbo defuncións e tivemos que utilizar a igrexa da parroquia veciña de Crendes. Sobre 100.000 euros creo que os conseguiron entre a achega do arcebispado, o seguro da igrexa e doazóns da xente".

A nova instalación eléctrica xa feita e o interior están en restauración. Este martes, había dous operarios traballando dentro. Os canteiros teñen o terreo preparado para o seu labor e o plan inclúe a renovación do tellado e, sen esquecer protección contra os raios:

"Un pararraios, claro. Xa tiña un, pero polo visto fallou. Non sei a que se debeu", afirma Finucha, e conclúe coa previsión da fin das obras: "Ía ser para o 19 de marzo a inauguración, pero vai ser difícil, porque debido ao temporal non puideron traballar. A ver se para abril".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade