Publicador de contidos
Publicador de contidos

A incerteza económica frea o consumo e dispara o aforro de familias e empresas

A incerteza económica frea o consumo e dispara o aforro de familias e empresas

O aforro do conxunto da economía alcanza o nivel histórico de 22.000 millóns de euros

G24.gal 30/06/2023 14:33

O aforro dos fogares dispárase no primeiro trimestre deste ano. As familias dedican unha parte do seu presuposto a facer peto ante a incerteza da economía.

A suba das hipotecas e a alza dos prezos preocupa as familias, e obriga moitos fogares a reducir o consumo para poder aforrar.

Esta situación trasládase ás empresas. O encarecemento dos cartos  e a caída do consumo están freando os investimentos.

O conxunto da economía acadou a marca histórica de aforro entre xaneiro e marzo de 22.000 millóns de euros. Unha cifra que supón o 6,3 % do PIB. Por cada 100 euros de produción os axentes económicos aforraron algo máis de 6 euros, unha cifra que triplica a capacidade de financiamento da economía española.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar