A industria láctea acepta negociar unha suba no prezo do leite en orixe
A industria láctea acepta negociar unha suba no prezo do leite en orixe
Os gandeiros suspenden o calendario de mobilizacións
Esixen unha suba mínima de 5 céntimos ao litro para cubrir os gastos
As industrias lácteas aceptan sentar a negociar unha suba no prezo do leite en orixe. "Ábrese unha nova etapa, de optimismo", din desde Unión Agrarias.
Os gandeiros tenden a man pero non baixan a garda: "Se en 15 días non temos de verdade unha visión clara de que vai haber unha resolución ao problema convocaremos mobilizacións máis contundentes", advirte Félix Porto.
As boas novas pilláronnos ás portas dunha nova protesta. Viñan retirar dos andeis dun supermercado as marcas das industrias que pagan os prezos máis baixos, pero nun xesto de solidariedade os estantes xa foran baleirados polo propio supermercado.
Pídenlle á industria que siga o exemplo da distribución: "Están colaborando, aumentando o valor na cadea do sector, xa van 7 céntimos que se incrementou o prezo nos lineais", explica Óscar Pose de UUAA.
Esixen uha suba minima de cinco céntimos o litro de leite en orixe para cubrir os custos de produción que nos últimos meses subiron preto dun 30 por cento: "Arredor de cinco céntimos sería o mínimo razoable para sentarnos a negociar", engade o secretario de coordinación sectorial de UUAA, Félix Porto.
Hoxe tamén o Sindicato Labrego Galego presentaba mocións en todos os concellos do Deza, para demandar o seu apoio ao sector leiteiro galego.