Publicador de contidos
Publicador de contidos

A industria podería deixar de recoller o leite en dous ou tres días

A industria podería deixar de recoller o leite en dous ou tres días

O sector agrogandeiro e a Xunta pídenlle ao Goberno que negocie cos convocadores do paro

Os produtores de carne din que están ao límite e vai haber desabastecemento

G24.gal 21/03/2022 20:37

O conselleiro do Medio Rural reuniuse cos representantes de 16 industrias lácteas afectadas polo paro do transporte. Instan o Goberno central a garantir a chegada de subministración ás fábricas e a saída de produtos para manter a recollida de leite nas granxas.

"Pedímoslle á ministra de Transportes que faga ese diálogo cos que convocaron este paro para pode desbloquear a situación. Como máximo nun par de días pode volverse insostible pola imposibilidade de recollida de todo o leite das explotacións galegas", dixo José González.

Insostible é tamén a palabra máis repetida polos gandeiros de carne. A situación é crítica nas instalacións en intensivo de porcino e avícola.

"Cada dous meses e pouco producimos 500.000 quilos de carne. Non podemos permitirnos tirar toda esa carne", di Juan Serrano, responsable dunha empresa avícola.

Na Delegación do Goberno en Galicia advertiron que non poden agardar máis. Está en xogo a supervivencia das súas explotacións, hai xa un problema de benestar animal nas granxas e é  inminente o desabastecemento nas carnicerías.

"Os matadoiros de Galicia non sacrificaron hoxe nin unha soa cabeza de gando. Mañá ímolo ver nos supermercados. Os pequenos negocios da rúa non van ter carne nos seus mostradores", aseguraba na Coruña José Antonio Vidal, da Federación Galega de Produtores de Porcino.

"A nosa solidariedade co problema que teñen os transportistas non pode chegar ata o punto de converternos en reféns e que acabe sendo unha guerra entre pobres", apuntaba o secretario xeral de Unións Agrarias Roberto García.

 Tamén instan o Goberno a negociar cos convocadores do paro. Aseguran que calquera solución que non sexa en 24 horas chegará tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade