Publicador de contidos
Publicador de contidos

Segunda xornada de navegación en Sanxenxo e reencontro coa infanta Helena

Segunda xornada de navegación en Sanxenxo e reencontro coa infanta Helena

Xoán Carlos I participa na regata XXIV Trofeo Hotel Carlos I Silgar a bordo do Bribón

A infanta Helena co rei emérito. EFE/Lavandeira jr A infanta Helena co rei emérito. EFE/Lavandeira jr
G24.gal 29/07/2023 13:21 Última actualización 29/07/2023 19:10

O rei Xoán Carlos descansa na casa do seu amigo Pedro Campos despois de navegar durante unhas tres horas e media pola Ría de Pontevedra, onde se celebrou a primeira xornada do XXIV  Trofeo Hotel Carlos I Silgar.

Pasadas as cinco da tarde, o emérito abandonou o porto deportivo do Real Club Náutico de Sanxenxo (RCNS) acompañado pola infanta Helena, que seguiu a regata a bordo dunha embarcación pneumática.

A tripulación do Bribón segue preparando o Mundial da categoría 6 metros que se celebrará a finais do próximo mes no Reino Unido. Esta proba é a quinta puntuable para o V Circuíto Liga Española deste tipo de barcos.

A infanta Helena recibira ao mediodía o seu pai no pantalán. Unhas 200 persoas foron testemuñas do reencontro. Minutos despois da unha da tarde, o Bribón soltou amarras e ela acompañouno na lancha auxiliar Cristina.

Saída de Xoán Carlos I esta mañá da casa de Pedro Campos Saída de Xoán Carlos I esta mañá da casa de Pedro Campos
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade