Publicador de contidos
Publicador de contidos

A intelixencia artificial chegou para quedar e o reto para a sociedade é saber beneficiarse dela

A intelixencia artificial chegou para quedar e o reto para a sociedade é saber beneficiarse dela

Para a investigadora Concha Monje a utilidade da tecnoloxía ten que ser axudar as persoas

G24.gal 19/01/2023 22:35

A intelixencia artificial chegou para quedar e o reto para a sociedade é saber beneficiarse dela. Así o defendeu hoxe na Coruña a investigadora española e experta en robótica Concha Monje.

Na actualidade, os humanos convivimos con robots humanoides, coches autónomos, drons, nanorrobots con aplicacións en medicina, na empresa, na asistencia social. 

Para a investigadora Concha Monje a utilidade da tecnoloxía ten que ser axudar as persoas. Esta experta en robótica entende que o debate actual debe centrarse nesta relación.

A intelixencia artificial representa un beneficio para a sociedade, pero esixe informarse e formarse.

Concha Monje estivo na Coruña coincidindo coa mostra AI: More than human, que se pode visitar na sede de Afundación ata o 5 de febreiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar