Publicador de contidos
Publicador de contidos

A intelixencia artificial está a revolucionar a predición e prevención de enfermidades

A intelixencia artificial está a revolucionar a predición e prevención de enfermidades

Os algoritmos na medicina supoñen un salto exponencial nas fases de diagnóstico e tratamento

O catedrático galego Marcos Ortega di que a IA será clave tamén para ofrecer solucións máis personalizadas

G24.gal 30/03/2024 13:39 Última actualización 30/03/2024 17:14

A intelixencia artificial supón un salto disruptivo, que marca un antes e un despois, no ámbito do dixital. En materia de saúde significa que se poñen ao servizo de médicos e pacientes poderes sen precedentes. É dicir, moita máis capacidade para a compilación e análise de datos nunha medicina que xa estaba altamente dixitalizada.

"Temos a historia clínica electrónica, temos distintos dispositivos que capturan imaxe médica dixital e, polo tanto, esa combinación dos datos dispoñibles cos algoritmos e as tecnoloxías que temos á nosa disposición permiten abordar problemas moito máis complexos e achegar solucións á sociedade", especifica Marcos Ortega, catedrático de Ciencias da Computación da Universidade da Coruña, que o ano pasado logrou o premio Nacional de Informática da Saúde.

Dos datos pasamos ao diagnóstico. A intelixencia artificial xa está sendo moi eficaz na detección de varios tipos de cáncer, en enfermidades mentais, problemas neurolóxicos, cardioloxía e un longo etcétera. E ata nos sitúa no territorio do predictivo, no que pode suceder no futuro do paciente.

"Predición de presenza, por exemplo, de patoloxías ou de risco de sufrir un accidente cardiovascular nos próximos dous ou cinco anos e iso o que lle permite ao especialista é planificar tratamentos máis adecuados ou máis personalizados", matiza Marcos Ortega.

Iso si, distintos expertos inciden en que a intelixencia artificial en ningún caso vai substituír o persoal médico, senón que se converterá nun aliado imprescindible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade