Publicador de contidos
Publicador de contidos

A IV Ruta Rías Baixas parte dende Baiona con 30 veleiros

A IV Ruta Rías Baixas parte dende Baiona con 30 veleiros

A ruta lúdica busca dar a coñecer o Camiño de Santiago por mar e promover o turismo náutico

G24.gal 01/07/2024 15:11

Un total de 30 veleiros sucan xa as augas das Rías Baixas para facer o Camiño de Santiago por mar. É a cuarta edición dunha travesía coa que se impulsa o deporte da vela. Ademais trátase dunha excelente oportunidade para confraternizar.

Pequenos e maiores embárcanse para 5 días de navegación, pasando por portos singulares.  E ao final da ruta, por suposto, chega o percorrido por terra ata Santiago. 

Organizada polo Monte Real Club de Iates, o Real Club Náutico de Portosín, e a Asociación Camiño de Santiago Ría Muros-Noia, unha vez máis esta ruta deixaranos fermosas estampas coma estas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar