Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Lanzada volvese cubrir de navallas mortas

A Lanzada volvese cubrir de navallas mortas

Ao mediodía, na boia de Cortegada, a temperatura da auga en superficie superaba os 20 graos

G24.gal 01/09/2023 14:14

A praia da Lanzada cuberta de navallas mortas. Unha imaxe que esta semana volveu repetirse por cuarta vez no que vai de verán.

Esta venres, o areal pontevedrés xa amenceu limpo, unha vez retirados os restos dos moluscos.
A causa desta mortaldade masiva é a alta temperatura da auga do mar. Unha diferenza térmica que notan tamén os visitantes habituais do areal pontevedrés.

"Un pouco si, nótoo cando me baño. Non sendo nas illas Cíes, que alí esta fría, pero por aquí está máis quente".

"Aquí nótase bastante porque levo toda a vida vindo e nótase que a temperatura da auga polo menos cinco graos subiu nos últimos dez anos".

Ao mediodía na boia de Cortegada, a temperatura da auga en superficie superaba os 20 graos e na de Rande os 17, pero en xullo pasado na Lanzada chegou a 21.
A gran cantidade de navallas mortas provoca tamén a morte por asfixia doutros bivalvos cos que comparten o banco marisqueiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade