A Lavacolla asume temporalmente os voos de Peinador
A Lavacolla asume temporalmente os voos de Peinador
Moitas compañías reprogramaron as conexións para operar desde A Lavacolla ata que rematen as obras da pista do aeródromo vigués
En AENA afirman que a estrutura operativa de Santiago é sólida e que non haberá problemas para manter a continuidade dos servizos aéreos
Calcúlase que A Lavacolla sumará este mes 80.000 pasaxeiros. Mentres non rematen as obras en Peinador, as compañías escolleron o aeroporto de Santiago para manter as súas conexións con Galicia. O ambiente notouse desde hoxe. Cunha maioría de persoas que celebraban o incremento das frecuencias en Compostela.
O aeroporto de Santiago gaña, por exemplo, catro frecuencias diarias a Madrid, porque opera aquí de novo e ata fin de mes a compañía Air Europa, que suma catro voos de ida e volta diarios á capital do Estado, un pola mañá e outro pola tarde.
Tamén a compañía Binter mantén a través da Lavacolla o servizo que ofrecía en Vigo a Tenerife e Gran Canaria. Así que vemos traballadores das dúas compañías desprazados aquí temporalmente.
A obra estaba prevista e comunicada desde hai meses e non houbo hoxe ningún tipo de problema operativo nin de información, pero si había algúns pasaxeiros aos que o peche temporal do aeroporto de Vigo lles causou certa incomodidade.
As empresas de alugueiro de coches notan o incremento de pasaxeiros, e tamén os taxis e os buses.