Publicador de contidos
Publicador de contidos

A loita contra a pandemia centra a cerimonia de translación dos restos do Apóstolo

A loita contra a pandemia centra a cerimonia de translación dos restos do Apóstolo

O alcalde de Santiago actuou como delegado rexio 

G24.gal 30/12/2021 17:00

A cerimonia de translación comezou na praza do Obradoiro coa tradicional parada militar.

O alcalde de Santiago actuou este ano como delegado rexio e pasou revista ás tropas. Dentro da catedral, na súa ofrenda, Xosé Sánchez Bugallo dixo que a cidade está preparada para recibir os peregrinos no ano santo 2022, depois dun 2021 mermado pola pandemia. 

Tamén lebrou a importancia da responsabilidade individual para superar a pandemia. Na súa homilía, o arcebispo, Xulián Barrio, reiterou esa chamada á responsabilidade. 

Á cerimonia asistiron o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e varios conselleiros. A representación do Goberno central asumiuna a ministra de Industria, Reyes Maroto. O acto rematou coa sinatura no libro de ouro da cidade. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade