Publicador de contidos
Publicador de contidos

A semana comeza con sol e frío en toda Galicia

A semana comeza con sol e frío en toda Galicia

A pasada madrugada foi a máis fría do outono con seis graos baixo cero en Calvos de Randín e Xinzo

As temperaturas baixaron nos vales do interior pero non na montaña

Durante o día as máximas chegaron aos 18 graos no Deza

G24.gal 17/12/2023 21:05 Última actualización 17/12/2023 21:32

A semana comeza sen grandes novidades. A mañá do luns volverá ser moi fría, polo que as xeadas volverán ter protagonismo, e con néboas, que poden ser persistentes nalgunha zona do interior. As temperaturas pouco van cambiar.

Pola tarde, o sol volverá mandar no ceo, pero podería entrar algunha nube pola costa. Os ventos seguirán soprando frouxos e as máximas apenas van mudar.

A pasada madrugada, a máis fría do outono

Nova noite de xeadas en Galicia cos termómetros marcando valores negativos en Calvos de Randín e na Mezquita. De novo apareceran as néboas no interior que este domingo tardaron en levantar.

A noite máis fría do outono agardou case a rematar a estación, pero a baixada de temperaturas non amolou a quen esperaba polo tempo seco para a matanza e outros traballos no exterior. 

As xeadas deixaron valores negativos no interior de Ourense e Lugo, con máis de seis graos baixo cero en  Calvos de Randín, e Xinzo, e 4 graos negativos en Beariz e Riós. Foron os vales os que nesta ocasión arrefriaron máis. Nos cumios non se deron aínda valores negativos. 

Tamén as brétemas deixaron unha estampa invernosa que se foi desfacendo a medida que pasaban as horas e subían as temperaturas, con máximas de 18 graos no Deza e por enriba dos 17 no Xurés e nos Ancares. 

Desta hora repítese a situación do sábado. Comezaron xa a baixar as temperaturas que chegarán de novo a valores negativos no sur de Ourense e interior da Coruña e Lugo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade