Publicador de contidos
Publicador de contidos

A maioría dos tractores antiguos carecen de barras antienvorco, pero poden instalarse

A maioría dos tractores antiguos carecen de barras antienvorco, pero poden instalarse

Dende o 2020 non se pode transferir un tractor de máis de 40 anos que non conte con sistema de protección antienvorco

G24.gal 27/04/2023 14:39

Galicia ten un dos parques móbiles de vehículos agrícolas máis grandes de España, pero tamén un dos máis obsoletos. Gran parte deles carecen de sistema de protección antienvorco.

A lei, que hai tres anos entrou en vigor, permite seguir utilizando os tractores de máis de 40 anos sen estrutura de seguridade, pero está prohibida a súa venda agás que se reforme e se instale unha protección antienvorco homologada.

José ten un taller en Vilalba de reparación de maquinaria agrícola e dedícase tamén á compravenda. Dende abril do 2020 non se permite a transferencia de tractores de máis de 40 anos, que carezan de protección antienvorco. É o caso do vehículo en que está a traballar hoxe. Púxose en contacto cunha empresa que se dedica a instalar estes sistemas de seguridade. 

Un arco de protección e un novo asento con cinto de seguridade homologados, fabricados e deseñados por unha empresa manchega que ten a patente en España e que darán unha segunda vida a este vehículo agrícola.

Juan Antonio Marín, propietario da empresa que ten a patente,  di que á vez que salvan a vida do vehículo, para non ter ir ao despezamento, en caso de accidente salvaría a vida o tractorista. 

Aínda que funcionan automaticamente, neste caso instalan unha barra de protección que se sobe e baixa manualmente. Máis económica, porque en Galicia hai moita xente que non lle sae á conta facer un investimento importante para traballar unhas poucas leiras.

"Moitos agricultores non están dispostos a investir unha cantidade importante de cartos nun novo tractor que lles custa máis que o produto que sacan das leiras. Este sistema é máis económico e ademais saen seguros ao campo", di Juan Antonio Marín.

Na última década, en Galicia faleceron máis de 200 persoas en accidentes de tractor. A metade das mortes debidas ao envorco do vehículo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade