Publicador de contidos
Publicador de contidos

A manta para bebés con proteína de leite gaña o Premio Nacional de Artesanía

A manta para bebés con proteína de leite gaña o Premio Nacional de Artesanía

A artesá textil Inés Rodríguez deseñou a manta para bebés con fibra de proteína de leite e la meiriña

A fabricación faina no seu taller de Allariz cun tear tradicional galego

Foi elexido o mellor produto de artesanía pola súa mestura de innovación e tradición

 

A artesá textil Inés Rodríguez deseñou a manta para bebés con fibra de proteína de leite
G24.gal 02/01/2024 21:01 Última actualización 02/01/2024 21:18

Unha manta para bebé, feita nun tear de Allariz con la meiriña e con fibra de proteína de leite, acaba de recibir o Premio Nacional de Artesanía na categoría de mellor produto. A súa deseñadora é a artesá Inés Rodríguez e inspirouse no cheiro do leite materno para crear unha peza única.

É unha peza artesanal elaborada cun tecido lento e que mestura a tradición do tear galego con materiais innovadores como a fibra de proteína caseica do leite.  

É o resultado de máis de tres anos de investigación e unha aposta polo futuro da artesanía e o sector téxtil.

Para bordo da manta, feito á man, utiliza a la meiriña tinguida con tinturas naturais que saen da casca de cebola, as moras os a cenoria.

Agora despois de moitos pedidos Inés está rematando coas últimas encargas para o día de Reis. E xa proxecta facer tamén unha manta para adultos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade