Publicador de contidos
Publicador de contidos

A marea volve afectar outro coche mal estacionado en Muros

A marea volve afectar outro coche mal estacionado en Muros

Hai un mes houbo un caso semellante na mesma rampla do porto

Portos de Galicia tramitou 1.013 sancións no que levamos de ano 

As mareas vivas chegaron onde estaba estacionado este vehículo
G24.gal 08/08/2024 10:20

A sección de coches somerxibles comezou hai un mes en Muros con este caso e agora chega o segundo episodio. Foi na mesma rampla do porto onde cada día varios condutores tentan a sorte.

A vila é un fervedoiro de xente no verán. Ademais dos turistas, os martes e os venres hai mercado e as opcións para deixar o coche son escasas. 

A rampla en cuestión utilízase para baixar e subir as planadoras. Cando hai mareas vivas, a superficie valeira aínda é máis grande... e máis atractiva para estacionar. Pero o mar sobe cada seis horas e sempre hai alguén que por descoñecemento, desleixo ou descoido esquece o ciclo de mareas e estraga o coche.

Un policía portuario dá indicacións a un condutor Un policía portuario dá indicacións a un condutor

Ollo coas mareas... e coas sancións

Na entrada da rampla en cuestión hai varios sinais de prohibido estacionar. Unha advertencia que convive cun costume moi arraigado nas vilas mariñeiras: deixar o coche nas zonas portuarias. Pasa en Muros pero tamén en Ribeira, Laxe ou Malpica. 

O organismo competente para sancionar os vehículos mal estacionados é Portos de Galicia. No que levamos de ano tramitou 1.013 sancións nos 122 portos que xestiona na comunidade. En 2023 puxéranse 1.545 multas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade