Publicador de contidos
Publicador de contidos

A matriculación de coches aumentou un 17 % en España en 2023

A matriculación de coches aumentou un 17 % en España en 2023

Reverte a caída do ano anterior, pero non recupera cifras prepandemia

G24.gal 02/01/2024 20:28 Última actualización 02/01/2024 20:36

O ano pasado matriculáronse en España 950.000 coches. O incremento respecto ao ano anterior, especialmente malo en vendas, é dun 17 %, pero non acada o obxectivo de superar o millón de matriculacións á que aspiraba a patronal do sector. Tampouco se recuperan os niveis de vendas dos anos previos á pandemia de covid e a guerra de Ucraína. Para iso os concesionarios terían que ter vendidos 300.000 coches máis no último ano.

Os vehículos eléctricos ou híbridos xa supoñen o 12 % do total de novas matriculacións. Os concesionarios demandan máis axudas para estimular a compra deste tipo de coches e impulsar a descarbonización do parque de vehículos en España.

"Foi un ano mellor do esperado pero claramente insuficiente porque aínda estamos lonxe das cifras prepandemia, e iso quere dicir que o noso sector estase recuperando moito máis lentamente que outros sectores produtivos", explica o voceiro da patronal FACONAUTO.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade