A mellora enerxética de edificios permitirá un 25 % de aforro ás comunidades de propietarios
A mellora enerxética de edificios permitirá un 25 % de aforro ás comunidades de propietarios
Inminente convocatoria de axudas Next Generation destinadas á mellora enerxética de edificios que permitirán subvencionar ata o 80 % do gasto
A rehabilitación enerxética de edificios vai dirixida aos inmobles construídos entre os anos 60 e 90
A rehabilitación enerxética de edificios vai dirixida principalmente aos inmobles construídos entre os anos 60 e 90. As melloras en teitos e cubertas, ventás ou illamento de fachadas permitiría elevar a súa eficiencia o que se traduce en aforro.
"Grazas ás obras necesarias para acadar unha cualificación A ou B lograríase un aforro enerxético da cuarta parte do que viñera pagando ata o de agora a comunidade de propietarios en enerxía", explica Roberto Medín, presidente do Consello Galego de Colexios de Arquitectos Técnicos.
As obras contarán con subvencións de ata o 80 % cun gasto máximo por vivenda de 18.800 euros, grazas a un novo programa de axudas con cargo aos fondos europeos Next Generation e que se vén sumar ao xa existente para cambios de ventás en vivendas unifamiliares que neste caso permiten aforros de ata 540 euros anuais.
Estas axudas europeas teñen como obxectivo a mellora medioambiental e a redución do consumo enerxético.
"Eses edificios teñen caldeiras comunitarias e poden seguir téndoas ou mudar a caldeiras individuais, pero con sistemas eficientes. Os combustibles fósiles quedarían fóra destas axudas porque penalizan a cualificación enerxética"
Algunhas das alternativas serían mudar a sistemas de biomasa ou xeotermia.