A ministra de Transportes fala de cesamentos inminentes polo erro no deseño dos trens
A ministra de Transportes fala de cesamentos inminentes polo erro no deseño dos trens
O Goberno admite que haberá atrasos, pero comprométese a acelerar os prazos
Son unha trintena de trens que renovarán os servizos de proximidade e media distancia das comunidades do norte que contan con túneles máis pequenos. O deseño de cálculo nas medidas destas unidades supón un atraso na súa posta en servizo.
"Os servizos de proximidade son moi importantes para nós. Estou que trino. Isto é unha chapuza", di Adrián Barbón, presidente do Principado de Asturias.
A ministra de Transportes pide desculpas. Di que o fallo puido detectarse a tempo antes de iniciar a construción dos trens, e, polo tanto non supuxo gasto público. Raquel Sánchez di que haberá cesamentos de forma inminente.
"Haberá cesamentos nas próximas horas. Encarguei unha auditoría interna tanto en Renfe coma no ADIF para ver en que momento se detectou o erro e tomar todas as medidas que sexan oportunas", di a ministra.
O presidente de Cantabria vai máis alá e esixe que se axilicen os prazos. "Claro que teñen que rodar cabezas. Pero sobre todo ten que haber un compromiso firme de prazos para entregar eses trens. Non ten explicación posible", asegura Miguel Ángel Revilla.
O Goberno agarda que no verán poida estar rematado o deseño dos novos trens coas medidas axeitadas. E anuncia a posta en marcha dun grupo de traballo para o seguimento do proceso de renovación do servizo ferroviario.