A neve atrae visitantes á estación de Manzaneda na fin de semana
A neve atrae visitantes á estación de Manzaneda na fin de semana
Aviso amarelo por frío no sur da provincia de Ourense
Os canóns de innivación traballaron toda a noite na estación de Manzaneda e sacaron un centímetro e medio de neve. Non dá para esquiar pero si para gozar do día.
Durante a noite rexistráronse neste punto e en Xares, no concello da Veiga, catro graos e medio baixo cero, a mínima de Galicia.
Tamén houbo temperaturas xélidas no sur de Ourense, en aviso amarelo por frío: -4 graos en Calvos e -2'5 en Baltar. Pero o día amenceu solleiro.
Na estación hai unha vintena de apartamentos reservados e teñen boa parte dos servizos operativos para os que se animen a subir esta fin de semana.
Os canóns seguirán funcionando hoxe e mañá, á espera das nevaradas previstas para luns e martes.
"Restauración, piscina, spa, rutas de sendeirismo, bike park júnior... está todo aberto", asegura Víctor Manuel Picos Romero, director da estación.