Publicador de contidos
Publicador de contidos

A neve chega á alta montaña galega, testemuño do frío

A neve chega á alta montaña galega, testemuño do frío

A neve callou en varios puntos da alta montaña, por riba dos 1.200 metros

 

A neve callou na estación de Manzaneda
G24.gal 18/11/2022 11:45

Primeira nevarada en Manzaneda. A estación de montaña amenceu hoxe cuberta dun manto branco. Non foi o único punto onde callou a neve. As folerpas caeron en varios puntos da alta montaña, por enriba dos 1.200 metros. 

A neve é testemuño da chegada do frío a Galicia. As mínimas foron de cero graos ou mesmo algo menos en Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, Lardeira, Pena Trevinca ou na propia Cabeza de Manzaneda.  

A cota de neve irá rebaixándose ao longo do día ata quedar nos 1.100 metros pola noite na montaña de Ourense e Lugo. A caída das temperaturas foi xeneralizada en toda Galicia, mesmo nas Rías Baixas non van pasar hoxe dos 16 graos.

É o primeiro episodio de frío polar deste outono, que ata agora estaba sendo anormalmente cálido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar