Publicador de contidos
Publicador de contidos

A neve dificulta a circulación na A-6 ao seu paso polas Nogais e Pedrafita

A neve dificulta a circulación na A-6 ao seu paso polas Nogais e Pedrafita

A Garda Civil recomenda conducir con precaución tamén pola estrada secundaria LU-633

G24.gal 24/02/2024 11:56 Última actualización 24/02/2024 21:58

A neve que caeu nas últimas horas dificultou a primeira hora a circulación na A-6 ao seu paso polos municipios das Nogais e Pedrafita, segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

No Cebreiro, as máquinas quitaneves ocúpanse de manter as vías limpas. A mesma estampa tamén se da noutros concellos situados a unha cota semellante.

A alerta amarela por neve levantouse a media mañá e ao longo do día a cota irá subindo ata os 1.200 metros, pero non deixa de ser un atractivo máis do lugar.

Visitantes no Cebreiro este sábado

A Garda Civil recomenda conducir con precaución tamén pola estrada secundaria LU-633, desde o quilómetro 0 de Pedrafita ata o 26 de Ramil, en ambos os dous sentidos.

A Deputación de Lugo asegura que nos municipios de Cervantes e Pedrafita houbo acumulacións de ata 15 centímetrosNa Fronsagrada, o espesor achegouse aos dez.

A Fonsagrada amenceu tinguida de branco

Provincia de Ourense

Na provincia de Ourense, a Garda Civil informou de varias actuacións nas últimas horas, pero arestora pódese circular con normalidade pola rede viaria, salvo na subida á estación de Montaña.

Na noite do venres, o instituto armado tivo que auxiliar unha familia na estrada OU-0704 ao quedar bloqueada a dous quilómetros do hotel en Cabeza de Manzaneda.

A cota de neve permitiu que a estación puidera abrir catorce pistas con case doce quilómetros esquiables.  

"A ver o que cae esta noite porque dan previsións de choiva, a ver se cambia un pouco e podemos seguir abertos", asegura Víctor Picos, director da Estación de montaña de Manzaneda.

Os avisos por nevaradas volven á montaña de Ourense a partir da xornada do luns con acumulacións que poden superar os cinco centímetros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade