A neve e a xeada dificultan a circulación polo norte peninsular
A neve e a xeada dificultan a circulación polo norte peninsular
Asturias, Cantabria e Navarra seguen sendo as comunidades máis afectadas
A neve está presente este domingo en case todas as zonas da metade norte peninsular situadas por riba dos trescentos ou catrocentos metros de altitude sobre o mar. Nas autovías e nas estradas principais pódese circular con normalidade, en parte grazas ao traballo das quitaneves.
A situación complícase en zonas montañosas da veciña Asturias, onde hai catro portos pechados ao trafico de camións e autobuses, os de San Isidro, Tarna, Somiedo e Ventana, nos que os coches teñen que levar postas as cadeas. Outra comunidade moi afectada pola neve é Cantabria, onde hai cinco estradas e portos por onde é moi difícil ou imposible circular.
No País Vasco nevou en zonas moi baixas
En Navarra nestes momentos só hai dúas estradas cortadas e outra na que prohibiron o paso de camións. En menor medida, pero tamén afectadas pola neve e as xeadas, están algunhas estradas de Cataluña e Aragón. No País Vasco nevou case ao nivel do mar en zonas de Guipúscoa e Vitoria.
As temperaturas seguirán sendo baixas para esta época do ano
Na metade sur da península os problemas veñen dados polas chuvias e o vento, sobre todo na zona do Estreito e nas Canarias. En todo o país as temperaturas seguirán sendo baixas ou moi baixas para esta época do ano, polo hai que ter moito coidado coa posible xeada.