A neve regresa á montaña de Lugo e obriga a circular con precaución na A-6
A neve regresa á montaña de Lugo e obriga a circular con precaución na A-6
Na rede secundaria unha das máis afectadas foi a LU-633, no alto do Poio
Nunha xornada de numerosos desprazamentos, a neve obriga os condutores a circular con especial precaución na montaña de Lugo, mesmo pola Autovía do Noroeste ao seu paso por Pedrafita. Na rede secundaria o tráfico complicouse por momentos pero o traballo das quitaneves evitou incidencias. Unha das máis afectadas foi a LU-633, no alto do Poio.
Complicacións tamén para os que teñen que traballar neste branco xoves santo.
A xornada festiva levou ata o Cebreiro a numerosos turistas de dentro e fóra de Galicia. A algúns a intensa nevarada pillounos por sorpresa.
Pero todos eles están encantados coa experiencia. Coma sempre, os máis cativos son os que máis gozan, e os que non son xa tan cativos tamén aproveitan.
A cota de neve vaise manter en torno aos 1.200 metros.