Publicador de contidos
Publicador de contidos

A noite máxica do San Xoán chega tamén o interior de Galicia

A noite máxica do San Xoán chega tamén o interior de Galicia

G24.gal 23/06/2023 21:56 Última actualización 24/06/2023 09:33

Non só nas zonas de costa se celebra o San Xoán, as cacharelas tamén son as protagonistas en moitas localidades do interior de Galicia. No barrio ourensán de Seixalbo os veciños sempre celebraron o San Xoán e especialmente esta noite, a máis longa do ano. Non van faltar aquí nin a música, nin as sardiñas, nin por suposto a cacharela. Será contra a medianoite  cando o lume desta noite máxica dea paso á foliada, e a unha festa que promete prolongarse ata ben entrada a madrugada en moitos puntos da provincia.

Todo é repasar os detalles nas últimas horas en Seixalbo para celebrar o San Xoán esta noite, din, como ben merece.

"Nós desde logo San Xoán sen sardiñada e sen fogueira non o vemos, ten que ser o San Xoán auténtico. Non estamos na costa, estamos no interior, pero o San Xoán que non falte e ademais por todo o alto."

A comisión de festas prepara os oitenta quilos de sardiñas que se poderán probar esta noite. tamén a empanada e por suposto tampouco faltará o viño. 

"Este é viño de colleiteiro, de aquí."

Música e comida non van faltar nunha noite na que ademais a troula espállase de madrugada para sorprender mañá a moitos dos veciños.

"Aquí é unha tradición que hai de moitos anos. De feito, esta noite cámbianse as cancelas, as plantas dunha veciña póñenselle a outra e mañá cando se levanten hai moito rebulicio na aldea. Ves a xente feliz, que é unha festa que lles gusta moito." 

Temos a música, a comida e por suposto nunha noite coma esta tampouco pode faltar o lume.

"Hai que saltar e espantar as meigas e todo iso."

E aproveitar ata ben entrada a madrugada esta noite máxica para entrar no verán con enerxías renovadas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade