A Oficina da Seca urxe aforrar auga na conca do Miño-Sil
A Oficina da Seca urxe aforrar auga na conca do Miño-Sil
A Confederación Hidrográfica púxose en contacto con todos os concellos da conca para que adopten medidas con vistas ao verán
A Oficina da Seca reuniuse por quinta vez desde o mes de febreiro
É a quinta vez que se reúne a Oficina Técnica da Seca desde o pasado mes de febreiro, e cada vez cunha situación máis apremiante. As chuvias dos últimos días achegaron 17 litros por metro cadrado e estamos a 400 de chegar ao que sería habitual, á media histórica.
Desde a Confederación Hidrográfica do Miño Sil remitíronlles comunicacións aos 200 concellos que forman parte da conca para que tomen medidas con carácter urxente: de aforro de auga, pero tamén de mellora da rede de abastecemento, por onde se perde ao redor do 30 por cento do recurso.
José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil: "Que melloren, revisen, as traídas, o abastecemento, que fagan unha distribución máis racional en canto a rego de parques, xardíns...".
Tamén se dirixen ás empresas hidroeléctricas, para que non se repita a situación do ano pasado, que deixou o encoro das Portas ao 23 por cento e segue sen recuperar.