Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Oficina do Peregrino ofrece misas diarias en Santiago en distintos idiomas

A Oficina do Peregrino ofrece misas diarias en Santiago en distintos idiomas

O de Italia foi o primeiro grupo lingüístico que comezou coa iniciativa no 2011

G24.gal 16/08/2023 14:36

Nestes días festivos Santiago recibe moitos peregrinos, e entre eles hai cada vez máis estranxeiros. Para eles celébranse cada día misas en diferentes idiomas.

A misa en italiano, sen dubida un dos idiomas dunha das nacionalidades que mais peregrinos trae a Compostela celebrase a diario na igrexa de Santa Maria do Camiño na rúa Travesa.
Arredor do párroco Fabio Pallota congregáronse esta maña preto de 50 italianos onde ademais do acto relixioso en sí compartiron experiencias, reflexións e información interesante sobre o Camiño e a súa historia.

Os peregrinos ofrécenselles esas misas en varias parroquias compostelás xunto a unha explicación histórica da evolución e o significado cultural e relixioso do Camiño de Santiago. A satisfacción de escoitar a lingua nai xunto co coñecemento e a conciencia do camiño percorrido e o seu significado persoal é o máis valorado polos peregrinos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade