Publicador de contidos
Publicador de contidos

A OMS advirte do risco dos edulcorantes como substitutos do azucre

A OMS advirte do risco dos edulcorantes como substitutos do azucre

Os expertos falan do azucre como o veleno branco, que é dez veces máis adictivo que calquera droga

A estevia, a sacarina ou a panela fan que se asente esa dependencia, polo que non son unha alternativa saudables

G24.gal 16/05/2023 14:14 Última actualización 16/05/2023 14:29

A Organización Mundial da Saúde alerta do uso de edulcorantes como substitutos do azucre. Non controlan o peso e mesmo poden ter efectos negativos a longo prazo. A OMS incide no perigo de utilizar sacarina, estevia, e outros substitutos do azucre, que non axudan a reducir a graxa corporal e aumentan o risco de padecer diabetes tipo dous ou enfermidades cardiovasculares a longo prazo.

As recomendacións pasan por consumir alimentos con azucres naturais, como froita ou alimentos e bebidas non azucrados. Os expertos falan do azucre como o veleno branco, que é dez veces máis adictivo que calquera droga. Substitutivos como a estevia, a sacarina ou a panela fan que se asente esa dependencia que temos polo doce, polo que non son unha alternativa saudable.

"O sabor doce, non só os edulcorantes calóricos, incluso os que non teñen calorías, activan no páncreas a secreción de insulina, e fai que o metabolismo se volva aforrador, e todo o que comemos se converte en graxa, que é o mecanismo de aforro enexético, e eses depósitos de graxa bloquéanse como se tivésemos un cadeado e non queimamos", explica a doutora en farmacia e nutricionista Amil López.

O resultado: aumento de peso e de graxa corporal, algo que é  moi perigoso a nivel cardiovascular. Tampouco controlamos a saciedade e a persoa ten máis ansiedade e non é capaz de controlar o apetito emocional.

A satanización do azucre e os seus substitutos vai calando, malia que aínda hai confusión. A dependencia do doce desaparece nunha semana sen tomalo. Así evitaremos a diabetes e enfemidades cardiovasculares. Unha vida saudable é unha vida máis longa. 

O reto é eliminar totalmente o azucre no día a día, pero tamén hai que permitirse caprichos de cando en vez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade