A oposición reclama explicacións no caso do enchufe da cuñada de Carmela Silva nun pleno extraordinario
A oposición reclama explicacións no caso do enchufe da cuñada de Carmela Silva nun pleno extraordinario
A oposición reclama explicacións no caso do enchufe da cuñada de Carmela Silva nun pleno extraordinario
Silva asistiu ao pleno de xeito telemático
A proposta da oposición foi rexeitada
Un pleno extraordinario no que Carmela Silva estivo presente de xeito telemático. Tampouco interviu o alcalde. Os tres partidos da oposición reclamaron explicacións á sentenza que condena a cinco anos de cárcere a un funcionario municipal por ter enchufado á cuñada de Silva.
Segundo o portavoz do BNG, Xabier Iglesias, foi o silencio o que os levou a reprobar a Carmela Silva e a Abel Caballero. Un silencio que para o portavoz de Marea de Vigo, Rubén Pérez é atronador.
O Partido Popular mesmo reclamou que Silva abandone os seus cargos políticos. Alfonso Marnotes asegurou que esta é a condena máis grave por corrupción nunha administración pública na historia democrática de Galicia.
Dende o grupo de goberno, o PSOE defende a inocencia da tenenta de alcalde neste caso. López Font lembrou que Silva non foi citada a declarar, non forma parte da sentenza nin figura nela. Engadiu tamén que as acusacións de corrupción son mentira.
A demanda da oposición para recibir explicacións e crear unha comisión de investigacións foi rexeitada cos votos en contra dos socialistas.