Publicador de contidos
Publicador de contidos

A ovella Maruxiña pare catro años en Brión

A ovella Maruxiña pare catro años en Brión

En dous anos tivo 10 crías

G24.gal 23/03/2023 20:45

Maruxiña é xa unha ovella famosa. E todo porque o pasado sábado pariu catro años vivos, dous machos e dúas femias.

Ter tantas crías nunha soa vez é unha circunstancia inusual nesta especie. 

Maruxiña xa pariu tres veces. Nos dous partos anteriores tivo tres años en cada un.

É unha ovella farturenta, que sempre consegue alimentar as súas crías con éxito e que enche de alegría os seus donos.

E é que en só dous anos xa tivo 10 años.

Agora é coñecida en todo o país e a súa historia xa se comeza a facer viral nas redes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade