Debate sobre unha nova lexislación do gando e a súa tenza
Debate sobre unha nova lexislación do gando e a súa tenza
O transporte e o manexo das vacas son os puntos que máis preocupan da proposta
Polo de agora estase debatendo o sentido e o espírito dunha futurible nova lei do transporte do gando e a súa tenza. Tamén se está debatendo sobre o manexo dos animais, barallando impedir que estean trabados.
Dos vinte veciños de Armesto, en Becerreá, Ainhoa é a única remuda xeracional. Con vinte anos está facendo o curso de incorporación para adscribirse a explotación de sesenta vacas que teñen os seus pais. Vacas que teoricamente están trabadas, malia que na práctica durante o inverno pasan o día fóra e a noite na corte, para non teren frío; e durante o verán botan o día dentro, para evitar a calor, e a noite fóra.
Cando Ainhoa se incorpore, contan facer unhas novas cortes nas que as vacas andarán ceibas, pero esta futura gandeira entende que a maioría da xente maior sen remuda xeracional non poderá adaptarse, polo que pide flexiblidade nas normas que veñan.
Ainhoa tamén cre que de implantarse unha normativa máis estrita co benestar animal, esta debe aplicarse progresivamente para facer posible unha adaptación paulatina.