Os cortes de luz en Castro de Rei causan problemas aos gandeiros coa muxidura
Os cortes de luz en Castro de Rei causan problemas aos gandeiros coa muxidura
Os afectados lamentan que a interrupción da enerxía vai en detrimento da calidade do leite
Os cortes de luz nunha explotación no lugar da Carballosa, en Castro de Rei, son constantes, cortes en que quedan sen enerxía dez ou quince segundos repítense, ás veces, varios nunha hora, segundo conta Domingo, un dos socios propietarios, pero os peores son os que superan os trinta segundos, que moitas veces implican ter que reiniciar o grupo para que continúen traballando os robots de muxidura.
O feito de teren que reiniciar os robots de muxidura tamén afecta ao leite.
Os cortes de luz empezaron a ser habituais nos últimos tres anos, pero este mes de agosto están sendo constantes, segundo Domingo, un problema que afecta moi gravemente á explotación de Domingo, de 250 vacas, e a outra dun veciño.
Segundo relata, as horas do maior número de cortes son ás catro da mañá e ás catro da tarde. Falaron coa empresa distribuidora, pero polo de agora non lles solucionaron o problema.
Domingo cre que a maior parte do problema orixínase en que algunha fase da corrente vén a 255, e nunca debe superar os 240, co cal habería unha sobrecarga de potencia.