Cargando resultados...
A parella de Pontecesures morta en Sri Lanka, homenaxeada no Día das Vítimas do Terrorismo
A parella de Pontecesures morta en Sri Lanka, homenaxeada no Día das Vítimas do Terrorismo
Pedro Sánchez entregoulle a gran cruz ao recoñecemetno civil ao pai de Alberto Chávez
G24.gal
09/03/2022 20:59
A parella de Pontecesures falecida en Sri Lanka figura entre os homenaxeados hoxe no Día Europeo das Vítimas do Terrorismo.
Foi nun acto celebrado na Academia de Belas Artes de San Fernando. O pai de Alberto Chávez recolleu a Gran Cruz da Real Orde do Recoñecemento Civil ás vitimas.
Houbo lembranza tamén para os xornalistas falecidos nun atentado en Burkina Faso. Para o misioneiro morto tamén nese país africano e para a vítima española da sala Bataclán.
O presidente do Goberno anunciou a apertura dunha nova sede dedicada ás vítimas, especialmente do terrorismo xihadista.
O venres fai 18 anos dos atentados do 11 de marzo nos trens de Atocha.