Publicador de contidos
Publicador de contidos

A parella detida polo suposto maltrato aos oito fillos queda en liberdade

A parella detida polo suposto maltrato aos oito fillos queda en liberdade

O pai, de 45 anos, e a nai, de 44, quedaron en liberdade baixo medidas cautelares

Retiróuselles a patria potestade e teñen unha orde de afastamento da prole

A vivenda familiar situada en Colmenar Viejo
G24.gal 08/04/2023 14:55 Última actualización 08/04/2023 21:09

A parella da localidade madrileña de Colmenar Viejo detida polo suposto maltrato aos seus oito fillos menores de idade, castigados fisicamente, mal nutridos e confinados nun cuarto, quedou en liberdade baixo medidas cautelares, segundo informa a Garda Civil.

De xeito preventivo, retiróuselles a patria potestade e teñen unha orde de afastamento dos cativos, que quedaron ingresados nun centro de primeira acollida da Comunidade de Madrid. O pai, de 45 anos, é médico en exercicio, e a nai ten 44.

A detención tivo lugar o 29 de marzo baixo a dirección do Xulgado de Instrución número 1 de Colmenar Viejo, no marco dunha investigación do equipo da Policía Xudicial. 

A investigación orixinouse días antes, tras unha denuncia de presuntos malos tratos contra unha menor, que levou a iniciar un estudo pormenorizado da contorna familiar.

Segundo o Ministerio do Interior, as primeiras pescudas revelaron que os menores adoitaban faltar constantemente a clase, e as ausencias escolares eran "xustificadas polo pai, que exerce de médico nun hospital madrileño".

O proxenitor, de acordo coas mesmas fontes, tamén sometía a malos tratos á nai dos menores, unha española de 44 anos, que, á súa vez "exercía un trato degradante e un descoido dos seus oito fillos".

Situación de desamparo

A investigación xudicial confirmou "unha grave situación de desamparo" e de violencia familiar, presuntamente exercida polo pai, ao que tamén se investiga por un posible delito de furto, pois na vivenda toparon uniformes e material hospitalario de orixe indeterminada.

No rexistro quedou patente que a vivenda presentaba "un estado de insalubridade en todas as dependencias, a excepción do despacho" do pai, mentres que a situación hixiénico-sanitaria de baños e cociña era "pésima".

Os oito menores malvivían nun cuarto, tiñan prohibido pisar o salón e eran castigados mediante malos tratos físicos ou deixándoos á intemperie no patio da vivenda.

O patio da vivenda O patio da vivenda
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade